Categoría: Xeral

  • 1ª Edición – 2025, marzo

    Ao longo de tres semanas, dez centros educativos de educación infantil e primaria das catro provincias galegas uníronse para vivir como galegofalantes e crear, cunha participación protagonista do seu alumnado, propostas lúdicas de lecer en galego dirixidas a educación infantil e aos tres ciclos de educación primaria e desenvoltas nos tempos de lecer da xornada lectiva. 

    Contidos

    Cada día da semana as propostas lúdicas de lecer centráronse en desenvolver a competencia lingüística de formas diferentes do seguinte xeito: 

    • Os luns falamos (conversas, monólogos, contos, lendas, teatro…)
    • Os martes xogamos (xogos de todos os tipos incluíndo xogos de lingua como pasagalegos, tabús, adiviñas…)
    • Os mércores facemos ciencia (levamos a cabo propostas lúdicas relacionadas con diferentes disciplinas científicas, xogos de lóxica matemática, de química…)
    • Os xoves escribimos e lemos (xogos de escritura creativa, lecturas dramatizadas e propostas de lectura de todos os tipos e para todas as idades)
    • Os venres cantamos e bailamos (botamos man de temas musicais tradicionais e modernos para bailalos e cantalos)

    10 centros participantes

    • CPI Plurilingüe Alfonso VII, Caldas de Reis (Pontevedra)
    • CPR Sagrado Corazón, Ribadeo (Lugo)
    • CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo)
    • CEIP Ramón Otero Pedrayo, O Barco de Valdeorras (Ourense)
    • CEIP O Couto (Ourense)
    • CPI Virxe da Saleta, San Cristovo de Cea (Ourense)
    • CEIP de Prácticas López Ferreiro, Santiago (A Coruña)
    • CPI de Atios, Valdoviño (A Coruña)
    • CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña)
    • Colexio Divino Maestro, Santiago (A Coruña)

    Cada centro adquiriu os seguintes compromisos:

    • Desenvolver un programa lúdico para o seu centro durante os quince días lectivos que dura o programa.
    • Colaborar con contidos do seu centro neste blog do programa.

    Temporalización

    Esta iniciativa educativa tivo unha duración de 15 días lectivos e desenvolveuse entre o 10 e o 28 de marzo de 2025.

  • Despois do Entroido…

    Despois do Entroido…

    Falamos +

  • Falamos +

    A Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha Falamos +, un programa de dinamización da utilización activa do galego nos centros de ensino a través de propostas de carácter lúdico creadas polos propios centros que acheguen o alumnado ao patrimonio cultural galego tradicional e especialmente a aquel máis moderno e descoñecido para a maior parte do alumnado.