
21 Días co galego e máis 2020
-
21DCGe+ Participación do CPR Fogar de Santa Margarida
Nesta lista de reprodución recóllese a participación do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña nos 21 Días co Galego e + 2020. A actividade no centro foi coordinada polos profesores Carlos Medrano e Pablo Quintá.
-
Vídeos do alumnado
Comezamos a publicar os vídeos das alumnas e alumnos dos centros participantes no programa 21 Días co galego e máis da Secretaría Xeral de Política Lingüística na edición 2020. Con esta morea de vídeos que imos ir publicando queremos tamén facilitar a aparición de material lúdico nos fogares. #21díascogalegoemáis #aculturasegue
-
Memoria de 21 Días co galego e +
Velaquí os vídeos-resumo dos centros participantes:
-
Día 21 – Reflexión 3 e agradecementos
REFLEXIÓN 3 Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezamos.. Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final…
-
Día 20 – Dúas propostas para falar coa familia
O IES Eduardo Blanco Amor e o CPR Fogar de Santa Margarida envíannos varias propostas para falardes coa familia, que tanto podedes realizar se vos presta estar na casa ao quentiño, como se sodes dos que aproveitan a fin de semana para ir dar unha volta e coñecer mundo. Se subides os vídeos ás vosas…
-
Día 19 – O IES Illa de Ons convídanos a un musical
Hoxe coñeceremos o último centro participante, o IES Illa de Ons, que nos trae unha presentación chea de emoción a través das vivencias das persoas integrantes desa comunidade educativa. Agora imos ver todo o que significou para os seus membros traballar na creación conxunta dun musical. Por último, queren facervos unha proposta de actividade en…
-
Día 18 – O IES As Lagoas fálanos do centenario da revista Nós
Hoxe volvemos ás terras ourensás da man do IES As Lagoas. Vexamos a presentación deste centro educativo: Como estamos no 2020, dende este instituto decidiron falarnos precisamente do Centenario da revista Nós, tan vinculada á súa terra. Ademais deste contido, tamén nos ofrecen unha tarefa sobre a revista Nós para facer de xeito voluntario. Velaí…
-
Día 17 – Solidariedade dende o IES Ánxel Fole
Hoxe achegámonos ao IES Ánxel Fole de Lugo. Este centro da capital lucense envíanos un videopoema titulado INDIGNIDADE que une literatura e reivindicación.
-
Día 16 – Viaxamos ao Ourense das letras co IES Eduardo Blanco Amor
Hoxe o noso protagonista é o IES Blanco Amor. Vexamos a súa presentación: O alumnado deste instituto vainos guiar por un interesante percorrido polas rúas do Ourense máis ilustrado.
-
Día 15 – Reto 3
Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar…

