O INSTITUTO
Hoxe comezamos a exposición dos vosos traballos e xa que acabamos de chegar do Entroido, imos empezar cun instituto que sabe moito diso.
O IES Lamas de Abade vén realizando desde 2014 unha peculiar Mostra de Entroido na que cada ano se xuntan, polo menos, cinco centros educativos. Imos mirar o vídeo para vermos o que nos contan. Esperamos que che guste.
Hai dous anos, desde o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos xa nos falaran do Oso de Salcedo nun vídeo ben interesante que podes ver premendo aquí.
Se queres saber máis sobre o Entroido galego podes visitar na páxina da Profa os 106 recursos sobre o Entroido en liña e, se o que che presta é comer, daquela mellor bótalles unha ollada aos seus 150 recursos sobre a cociña de Entroido en liña, gastronomía galega.
FALAMOS
E, se tes ganas de falar, publica un vídeo nas túas redes contándonos cal é o teu mellor Entroido. Non te esquezas de nos etiquetar con @21dcgemais e poñer o noso cancelo #21dcgemais.
DÍGOCHO EU!
Sabías que o Dígocho eu! comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 2020?
Como xa non te lembrarás, traémoscho aquí para que poidas gozar del.

